Presencia da Plataforma no "Artesán 08"

A Plataforma Galega Antitransxénicos estará presente no programa de actividades "Artesán 08", que con motivo da celebración do Día Mundial da Saúde, este ano adicado a "Protexer a saúde fronte ó cambio climático", organiza a Concellería de Sanidade do Concello de Ourense.

A través de diferentes colectivos integrados na Plataforma, repartiranse trípticos e se ofrecerá información á cidadanía sobre que os transxénicos e cales son as súas repercusións.

A feira estará ubicada na rúa do Paseo, cidade de Ourense.

Presentación pública da campaña informativa sobre transxénicos

O pasado 7 de abril a Plataforma Galega Antitransxénicos anunciaba públicamente, no Clube Internacional de Prensa de Santiago, o lanzamento da súa primeira campaña informativa.

Achegar información á cidadanía sobre as cosecuencias de cultivar e consumir transxénicos é o obxectivo desta campaña, que ten como fin último a declaración de Galiza como Territorio Libre de Transxénicos.

Imaxes da última asemblea da Plataforma

Aqui van unhas imaxes da última asemblea da Plataforma celebrada en Lalín o 28 de marzo...

Nota de prensa 29 de marzo de 2008

PLATAFORMA GALEGA ANTITRANSXÉNICOS

Tra-la reunión realizada no concello de Lalín o pasado venres 28 denmarzo, a Plataforma Galega Antitransxénicos amplíase coa inserción do Consello Regulador de Agricultura Ecolóxica da Galiza (CRAEGA), a petición de Charo Sánchez Parga, vogal do SLG no pleno, e os seguintes colectivos:
  • Info- Transxénicos (Tui)
  • Asociación Antiespeculación do Val do Dubra
  • Fundación Sen esquencer (Val do Dubra)

Lalin, Zona Libre de Transxénicos

Ourense, 27 de febreiro de 2008

Lalín será declarado o primeiro municipio galego libre de transxénicos

No pleno municipal celebrado hoxe en Lalín, acordouse solicitar a declaración inminente por parte da Xunta de Galicia e do Goberno Central de Lalín como zona libre de transxénicos.

A campaña de Amigos da Terra xunto coa de máis de 15 colectivos adheridos a Plataforma Galega Antitransxénicos (PGA) está a dar os seus primeiros froitos.

Nota prensa: CPE e COAG

Comunicado de prensa, 4 de Marzo 2008

La CPE y la COAG piden una moratoria europea sobre los transgénicos

Fotos da Asemblea Fundacional

Adxuntamos unhas imaxes da primeira asemblea da plataforma, do 29 de febreiro de 2008.

Nota de prensa

PLATAFORMA GALEGA ANTITRANSXÉNICOS
Hoxe, 29 de Febreiro do ano 2008 constitúese en Galiza a Plataforma Galega Antintransxénicos (OMX´s).

Reunidas no concello de Lalín vinte organizacións sociais galegas, iniciamos o camiño que nos haberá de levar á consecución do obxectivo final: a declaración de Galiza zona ceibe de transxénicos.

Na reunión realizada hoxe establecéronse as liñas principais de traballo que a Plataforma Galega Antitransxénicos (OMX´s) levará a cabo:


Theme & Icons by N.Design Studio
Distribuir contido