Nota de prensa
Reunidas no concello de Lalín vinte organizacións sociais galegas, iniciamos o camiño que nos haberá de levar á consecución do obxectivo final: a declaración de Galiza zona ceibe de transxénicos.
Na reunión realizada hoxe establecéronse as liñas principais de traballo que a Plataforma Galega Antitransxénicos (OMX´s) levará a cabo:
1º-Esiximos información por parte da Administración en todo o relativo ao cultivo e experimentación de transxénicos en Galiza,
2º-Solicitarase unha entrevista con carácter de urxencia cos/cas resposábeis máxim@s das Consellarías de Medio Ambiente e Medio Rural, na que se lles trasladará as demandas da Plataforma Galega Antitransxénicos.
3º-De xeito paralelo, iniciarase unha campaña de información cidadá referida ós riscos derivados do consumo e cultivo de transxénicos. Iniciarase de modo máis intensivo nos concellos onde xa se teñen realizado ensaios con OXM´s.
4º-Inícianse os trámites para a promoción dunha iniciativa lexislativa popular (ILP) orientada á prohibición da experimentación, cultivo e consumo de productos tranxénicos en Galiza.
Nos próximos días desenvolverase o aparato comunicativo da Plataforma Galega Antitransxénicos:
-Páxina web e elaboración de tres dos documentos base: o manifesto “Galiza ceibe de transxénicos”, un documento de carácter técnico-informativo que trasladará as nosas argumentacións á sociedade galega e unha moción dirixida aos concellos para seren declarados zonas ceibes de transxénicos.
ORGANIZACIÓNS PRESENTES NA ASAMBLEA DE CREACIÓN DA PLATAFORMA GALEGA ANTITRANSXÉNICOS
ADEGA
A Esmorga
Alternativas Nómadas
Amigos da Terra
APEGA
Asociación Cultural Meiro
Cooperativa de Consumo Responsable Eirado
Fuga em Rede
Gentalha do Pichel
Rede Consumo Consciente
Saramaganta
Semente
Sindicato Labrego Galego
O Grelo Verde
Verdegaia










