Representantes da PGA reuniranse hoxe con Ana Pontón, voceira do Bloque Nacionalista Galego na Comisión de Medio Ambiente do Parlamento Galego
Compostela 12 febreiro 09.
Na tarde de hoxe, xoves 12 de febreiro 2009, representantes da Plataforma Galega Antitransxénicos (PGA) reuniranse en Santiago de Compostela con Ana Pontón, voceira do BNG na Comisión de Medio Ambiente do Parlamento Galego e candidata número dous por A Coruña.
O obxectivo deste encontro será aclarar o plan de execución dos acordos tomados no Parlamento, así coma presentar unha serie de propostas mínimas, relativas aos Organismos Xeneticamente Modificados, que haberían de ser defendidas dentro das políticas do partido que representa.
| Adxunto | Tamaño |
|---|---|
| 20090212_PGA_reunion_BNG_Ana_Ponton.pdf | 383.14 KB |










