Agricultura industrial = Cambio Climático, Actúa contra os transxénicos!
O Congreso dos Deputados vota o mércores 16 de Decembro 2009 unha proposición non de lei para protexer a agricultura convencional e ecolóxica fronte aos transxénicos, solicitando a suspensión do cultivo de organismos modificados xenéticamente.
Os cultivos transxénicos, ademais dos seus demostrados danos sobre a biodiversidade, a agricultura ecolóxica e a ameaza que supoñen para a saúde, son o máximo expoñente do modelo de agricultura industrial.
Mentres en Copenhague celébrase o cumio das Nacións Unidas sobre Cambio Climático, coa urxente necesidade de reducir as nosas emisións, España ten que ser coherente e non apostar por un modelo de agricultura industrial que é responsable do 22% das emisións a nivel global.
España é o único país da Unión Europea que apostou polo cultivo de transxénicos a gran escala. O Goberno non só está a pór a nosa saúde e o noso medio ambiente en risco, tamén o noso clima.
Ao mesmo tempo, marxina e pon baixo ameaza aos modelos de produción de alimentos a pequena escala que contribúen a reducir as emisións e a arrefriar o planeta.
Polo noso medio ambiente, pola nosa saúde, polo noso clima:
Escribe aos deputados e deputadas da Comisión de Agricultura e Medio Ambiente do Congreso!
Pídelles que voten para suspender o cultivo de transxénicos!
David Sánchez Carpio
Responsable de Agricultura y Alimentación
Amigos de la Tierra










