Compostela, 24 de Novembro do 2008. A Plataforma Galega Antitransxénicos convoca a cidadanía galega a concentrarse diante do Parlamento (Rúa do Hórreo, 63) o vindeiro mércores 26 de novembro, no que se debaterá a Proposición non de Lei para a declaración da Galiza zona libre de transxénicos. Con esta mobilización queremos transmitir aos/ás representantes dos grupos políticos o desexo d@s galeg@s de conservar a súa biodiversidade e os seus métodos de produción sostible , así como o rexeitamento dos sistemas de produción intensiva e alterada xeneticamente promovidos polas industrias transnacionais, que teñen como único obxectivo lucrarse co control mundial da alimentación.

Asemade, queremos in formar tamén da dimensión estatal do debate xa que actualmente atópase en trámite unha Proposición non de Lei na Comisión de Medio Ambiente, Agricultura e Pesca para declarar o Estado español libre de transxénicos (Proposición non de Lei 161/000296).

Nota de Prensa da Plataforma - 26N [Formato PDF]
Nota de Prensa da Plataforma - 26N [Formato ODT]