Mañá 18 de Febreiro de 2009 ás 11:30 - Presentación pública da Declaración Estatal contra os OMXs: A sociedade civil contra o uso de transxénicos na agricultura e na alimentación.
No marco da acción-denuncia descentralizada que terá lugar mañá, a Plataforma Galega Antitransxénicos presenta na Galiza a Declaración estatal contra os OMX´s. O acto terá lugar na Galería Sargadelos de Santiago de Compostela (Rúa Nova 16).
Devandito documento, referendado por máis de 450 investigadoras/es, docentes universitarias/os, organizacións profesionais agrarias, asociacións ecoloxistas, de consumidoras/es, de produtoras/es de agricultura ecolóxica, ONG´s do desenvolvemento e entidades privadas, será presentado mañá de xeito simultáneo por diferentes organizacións estatais nunha acción de denuncia descentralizada.
A presentación ampliarase coa análise do doutor en Ciencias Biolóxicas pola Universidade de Santiago de Compostela Serafín González Prieto, científico titular do Consejo Superior de Investigaciones Científicas (CSIC).
Asemade, afondaremos nos efectos que a introdución dos organismos modificados xeneticamente operan na estrutura social, contando co asesoramento do docente e investigador da Universidade de Vigo no departamento de Economía Aplicada, D. Xavier Simón Fernández.
| Adxunto | Tamaño |
|---|---|
| 20090218_Declaracion_estatal_contra_os_OMX.pdf | 419.88 KB |











Enviar un comentario novo