Contaminacións de especies silvestres emparentadas, redución da biodiversidade e contaminacións químicas do solo e dos acuíferos son algúns dos impactos sobre o medio ambiente que se producen coa implantación de cultivos de produtos tranxéncicos. Porén non só iso, a Plataforma Galega Antitranxénicos creada recentemente, tamén resalta as ameazas sobre a saude daquelas persoas que consuman alimentos tranxénicos ao provocar alerxias, toxicidade, resistencias aos antibióticos ou incluso novas enfermidades.
España é o estado da Unión Europea con máis hectarias cultivadas con transxénicos, arredor de 75.000 Ha no ano 2007. En Galiza, comézanse a realizar os primeiros cultivos experimentais para avaliar o comportamento do millo tranxénico. Tense previsto que os primeiros ensaios en campo se realicen nos concellos de Touro, Mesía, Val do Dubra, Ribeira, Castro de Rei, Vilalba e Lalín.











Enviar un comentario novo