O pasado mes de decembro a Plataforma Galega Antitransxénicos reuniamonos co concelleiro de medioambiente de Allariz (Bernardo Varela) para proporlle a declaración do concello coma Zona Libre de Transxénicos.

O concelleiro mostrouse receptivo a todas as iniciativas propostas, dando comezo asi unha relación de traballo en prol dunha agricultura e consumo libres de transxénicos. No encontro mantido, Bernardo V. comprometeuse a apoiar actividades de sensibilización e/ou formación, propoñéndose como mediador de veciños/as, labregos/as e empresarios/as para a súa maior difusión e éxito.

Logo de varias conversas e aprazamentos por motivos organizativos, esta tarde o pleno municipal alaricano debatirá a moción presentada polo bloque nacionalista galego de "apoio a unha agricultura libre de transxénicos", a raiz da cal esperamos poder comunicar mañá que o concello de Allariz se suma a listaxe de miles de autoridades locais que, xa a nivel europeo, se declararon libres de transxénicos. Pódese consultar máis información sobre Zonas libres de Transxénicos en: www.tierra.org