PLATAFORMA GALEGA ANTITRANSXÉNICOS
Tra-la reunión realizada no concello de Lalín o pasado venres 28 de marzo, a Plataforma Galega Antitransxénicos amplíase coa inserción do Consello Regulador de Agricultura Ecolóxica da Galiza (CRAEGA), a petición de Charo Sánchez Parga, vogal do SLG no pleno, e os seguintes colectivos:
- Info- Transxénicos (Tui)
- Asociación Antiespeculación do Val do Dubra
- Fundación Sen esquencer (Val do Dubra)
Asemade, a Plataforma Antitransxénicos valora moi positivamente a moción presentada para declarar o termo de Lalin libre de OXM´s elevada no pleno do Concello de Lalin.
O vindeiro 7 de abril, véspera do Día contra o Cambio Climático, terá lugar unha rolda de prensa no Clube Internacional de Prensa (Santiago de Compostela) a fin de realizar a presentación da Plataforma Galega Antitransxénicos.
Nesta comparecencia perante aos medios darase a coñece-los documentos base da Plataforma (Manifesto, tríptico informativo e documento base) así como as accións inmediatas a realizar.
Moitas grazas pela súa atención











Enviar un comentario novo