O relator especial da ONU sobre o Dereito á Alimentación, Olivier de Schutter, advertiu de que a crecente distribución comercial de sementes xeneticamente modificadas está a facer aos agricultores "dependentes" deses produtos, ademais de ameazar a biodiversidade.
Ademais, este experto sostén que a distribución comercial destas sementes constitúe "un obstáculo" ao desenvolvemento do sistema tradicional de produción agrícola.
Segundo datos da ONU, tan só unha decena de compañías monopolizan na actualidade o 67% do mercado global de sementes, co que "inflúen na forma en que se cultiva no mundo".