Notas de prensa

Localización da parcela solicitada en Mesía por Pioneer e debate no Parlamento Galego

Nota de Prensa da Plataforma Galega Antitransxénicos.

Compostela 7 de maio do 2010. Na mañá de hoxe, Charo Sánchez Parga e Analía Moares Lameiro, voceiras da Plataforma Galega Antitransxénicos (PGA), deron conta en rolda de prensa do coñecemento da localización exacta da única parcela solicitada na Galiza -no presente ano 2010- para a realización de ensaios coas variedades de millo transxénico (Pioneer) resistentes a determinados herbicidas e insectos[1]: NK603xMON810, NK603, 59122x1507xNK603, 59122, 1507x59122, 1507xNK603 e 1507.

Manifestación por unha agricultura e unha alimentación libres de transxénicos (17 abril, Madrid)

[19.04.2010] Adxuntamos imaxes correspondentes á participación do Sindicato Labrego Galego e a Plataforma Galega Antitransxénicos na manifestación celebrada na mañá do sábado 17 de Abril en Madrid.

Información relacionada:
http://www.sindicatolabrego.com/index.php?s=3&i=518

Resposta ao comunicado de prensa enviado na tarde do martes 13 de abril pola Consellaría do Medio Rural en alusión á Plataforma Galega Antitransxénicos

En resposta á nota de prensa emitida ás 17:41hrs do día de onte pola Consellaría do Medio Rural (CMR) baixo o título “A UNIÓN EUROPEA É A ADMINISTRACIÓN QUE AUTORIZA OS CULTIVOS TRANSXÉNICOS” Medio Rural lamenta a actitude de quen pretende facela responsable dunha competencia que non é súa(1), a Plataforma Galega Antitransxénicos manifesta o seguinte:

1. Descoñecemos en que se basea a CMR para realizar esta valoración. Instámola a que localice en calquera das nosas comunicacións públicas as palabras que nos adxudican nese texto.

Solicitude de xuntanza co representante na Comisión Nacional de Bioseguridade, traballo conxunto cos concellos e participación na mobilización contra os OXM

[Compostela 13.04.2010] Representantes da Plataforma Galega Antitransxénicos anunciaron na mañá de hoxe o rexistro dunha solicitude de xuntanza co Xefe da área de Sanidade Vexetal e representante da Galiza no Comité Nacional de Bioseguridade, Ramón Jesús Lamelo Otero.

Devandito encontro foi un compromiso contraido tanto por Lamelo coma pola PGA na reunión mantida o pasado 15 de xullo de 2009, co obxectivo de establecer unha vía de comunicación e colaboración entre a Administración e a sociedade.

Valoración da xornada debate no Concello de Ames

[13.04.2010] As representantes da PGA valoraron tamén positivamente a xornada de debate realizada en colaboración co concello de Ames o pasado venres 9.

Lembramos que esta xornada cumpre co acordado na resolución aprobada por unanimidade na que se declarou o concello coma libre de transxénicos, e mediante a cal foron tomadas decisións realmente ubicadas na vangarda desta loita como a prohibición de servir alimentación transxénica nos comedores escolares públicos.

Medra a oposición aos organismos xeneticamente modificados. Ames enceta na Galiza a Semana de Loita contra os Transxénicos.

Compostela 06 de abril do 2010. Na mañá de hoxe, Charo Sánchez Parga, voceira da Plataforma Galega Antitransxénicos (PGA), debullou en rolda de prensa as últimas actuacións realizadas no tocante á loita contra a introdución de organismos xeneticamente modificados no noso país, ao tempo que adiantou algunhas das actividades que terán lugar na Galiza entre o 5 e o 17 de abril, enmarcadas na declarada Semana de Loita Estatal contra os Transxénicos, que cumiará cunha manifestación en Madrid o vindeiro sábado 17 (1).

Arroz (LL62) con chícharos, patacas novas (Amflora)

Compostela 03 de marzo 2010.

  • A Plataforma Galega Antitransxénicos fai forza coas organizacións da sociedade civil europea na rotunda oposición ao cultivo da pataca transxénica Amflora.
  • Novas solicitudes de experimentación con organismos xenéticamente modificados na Galiza (A Coruña).
  • Segue a medrar a oposición contra os organismos xeneticamente modificados: Allariz declárase concello libre de transxénicos.
  • Asamblea aberta da PGA o vindeiro 5 de marzo, confirmar asistencia no enderezo info@galizasentransxénicos.org

Nota de Prensa INFOTRANSXÉNICOS TUI

O grupo INFOTRANSXÉNICOS de Tui, informa que, durante o mes de maio, en colaboración con Greenpeace, estiveron a levar a cabo actividades varias sobre produtos transxénicos e a súa repercusión na sociedade, saúde e medio ambiente, nun total de oito colexios públicos e institutos.

No mes de xuño farase unha exposición con panéis informativos na Casa da Xuventude de Tui, o mesmo que unhas charlas para o público en xeral no Museo Municipal de Santo Domingo en data e horas que se anunciará próximamente.

Para contactar co grupo chamar ós teléfonos 986 63 35 29 (Ágatha) ou 986 35 21 07 (Cesar Lema).

“Non necesitamos máis tecnoloxía para enfrontarnos ao problema da fame, o que necesitamos son cambios políticos”

Científicos galegos respaldan a declaración de personalidades e organizacións da sociedade civil sobre as aplicacións da biotecnoloxía.

Serafín González
Xavier Simón

A sociedade civil contra o uso de transxénicos na agricultura e na alimentación

Mañá 18 de Febreiro de 2009 ás 11:30 - Presentación pública da Declaración Estatal contra os OMXs: A sociedade civil contra o uso de transxénicos na agricultura e na alimentación.

No marco da acción-denuncia descentralizada que terá lugar mañá, a Plataforma Galega Antitransxénicos presenta na Galiza a Declaración estatal contra os OMX´s. O acto terá lugar na Galería Sargadelos de Santiago de Compostela (Rúa Nova 16).

Rueda de prensa con Vandana Shiva contra los transgénicos

CONVOCATORIA
RUEDA DE PRENSA

Presentación de la Declaración contra los OMG con más de 450 firmantes

 LA SOCIEDAD CIVIL, CONTRA EL USO DE TRANSGÉNICOS EN LA AGRICULTURA Y LA ALIMENTACIÓN

Vandana Shiva, premio Nobel alternativo, y representantes de organizaciones de agricultores y ecologistas explicarán la situación actual de los cultivos y alimentos transgénicos y los motivos de la creciente oposición social

Día : miércoles, 18 de febrero de 2009
Hora : 10:00 de la mañana
Lugar : sede de Greenpeace,

A PGA esixiu maior contundencia no traslado á cidadanía do posicionamento antitransxénico por parte do BNG

Na tarde de onte, xoves 12 de febreiro, representantes da Plataforma Galega Antitransxénicos trasladaron ao Bloque Nacionalista Galego propostas concretas* de cara a executar os pontos recollidos no documento aprobado o pasado 26 de novembro no Parlamento Galego*.

Esta xuntanza enmárcase dentro das solicitudes de reunión realizadas aos tres grupos políticos maioritarios da Galiza, á espera de resposta por parte do PSdG-PSOE e PP.

Representantes da PGA reuniranse hoxe con Ana Pontón, voceira do Bloque Nacionalista Galego na Comisión de Medio Ambiente do Parlamento Galego

Compostela 12 febreiro 09.

Na tarde de hoxe, xoves 12 de febreiro 2009, representantes da Plataforma Galega Antitransxénicos (PGA) reuniranse en Santiago de Compostela con Ana Pontón, voceira do BNG na Comisión de Medio Ambiente do Parlamento Galego e candidata número dous por A Coruña.

O obxectivo deste encontro será aclarar o plan de execución dos acordos tomados no Parlamento, así coma presentar unha serie de propostas mínimas, relativas aos Organismos Xeneticamente Modificados, que haberían de ser defendidas dentro das políticas do partido que representa.

A PGA reuníuse con Andrés Núñez Rajoy, representante da Galiza en devandita comisión

Compostela 04 Febreiro 09. A 24h da xuntanza da Comisión Nacional de Bioseguridad, representantes da Plataforma Galega Antitransxénicos, dentro da orde de accións previstas polo colectivo coma reacción á recente publicitación de novas solicitudes de concesión de campos de ensaios experimentais, reuníronse co Xefe de Servizo de Produción Agraria Sostíbel e Sanidade Vexetal, Andrés Núñez Rajoy, representante da Galiza na Comisión Nacional de Bioseguridad (CNB, órgano consultivo estatal).

Accións perante da solicitude de autorización de liberación de OXMs na Galiza

Compostela 28 xaneiro 09 . Na rolda de prensa realizada na mañá de hoxe en Santiago de Compostela, a Plataforma Galega Antitransxénicos (PGA) quixo trasladar á cidadanía os puntos seguintes:

• A febleza do texto aprobado por consenso no Parlamento Galego o pasado 26 de Novembro, consecuencia da covardía política d@s nos@s representantes, foi apercibido polas multinacionais da biotecnoloxía como unha porta aberta para a liberación de novos OXM´s na Galiza de xeito experimental.

Rexeitamento á sementeira de millo transxénico

A PGA transmitiulle ao Ministerio de Medio Ambiente, Medio Rural y Marino o seu rexeitamento á sementeira de millo transxénico prevista para este ano nos concellos de Arzúa, Santa Uxía de Ribeira, Mesía, Vilalba e Chantada.

A PGA solicitará entrevistas con Emilio Pérez Touriño e Anxo Quintana

Trala covardia mostrada pol@s parlamentari@s que nos representan, ao non seren capaces de facerse eco das demandas da cidadanía e escurrir o bulto deixando á vontade da Xunta de Galiza a posta en marcha dunha serie de medidas laxas e contradictorias, A PGA vese na necesidade de solicitar entrevistas cos máximos responsabeis do goberno galego: Emilio Pérez Touriño e Anxo Manuel Quintana González.

Nota de Prensa 27-11-2008

26N: Tod@s ao Parlamento Galego

Compostela, 24 de Novembro do 2008. A Plataforma Galega Antitransxénicos convoca a cidadanía galega a concentrarse diante do Parlamento (Rúa do Hórreo, 63) o vindeiro mércores 26 de novembro, no que se debaterá a Proposición non de Lei para a declaración da Galiza zona libre de transxénicos.

Un NON rotundo aos produtos transxénicos

Contaminacións de especies silvestres emparentadas, redución da biodiversidade e contaminacións químicas do solo e dos acuíferos son algúns dos impactos sobre o medio ambiente que se producen coa implantación de cultivos de produtos tranxéncicos. Porén non só iso, a Plataforma Galega Antitranxénicos creada recentemente, tamén resalta as ameazas sobre a saude daquelas persoas que consuman alimentos tranxénicos ao provocar alerxias, toxicidade, resistencias aos antibióticos ou incluso novas enfermidades.

Nota de prensa 29 de marzo de 2008

PLATAFORMA GALEGA ANTITRANSXÉNICOS

Tra-la reunión realizada no concello de Lalín o pasado venres 28 de marzo, a Plataforma Galega Antitransxénicos amplíase coa inserción do Consello Regulador de Agricultura Ecolóxica da Galiza (CRAEGA), a petición de Charo Sánchez Parga, vogal do SLG no pleno, e os seguintes colectivos:
  • Info- Transxénicos (Tui)
  • Asociación Antiespeculación do Val do Dubra
  • Fundación Sen esquencer (Val do Dubra)

Asemade, a Plataforma Antitransxénicos valora moi positivamente a moción presentada para declarar o termo de Lalin libre de OXM´s elevada no pleno do Concello de Lalin.


Theme & Icons by N.Design Studio
Distribuir contido