Notas de prensa, Noticias, Documentos

A Platafora Galega Antitransxénicos presente no III Congreso de Agroecoloxía e agricultura ecolóxica en Galiza

Do 24 ao 26 do pasado mes de xuño desenvolveuse na Universidade de Vigo, con notable éxito, o III Congreso de Agroecoloxía e agricultura ecolóxica en Galiza.

Mapa dos ensaios experimentais con transxénicos ao aire libre en España 2010

Mapa que recolle as parcelas onde se solicitou permiso para experimentar con cultivos transxénicos ao aire libre en España en 2010. Localizados a nivel de municipio, contén os seus datos a nivel de parcela para loacalizarlos a través do SIGPAC

Importante: Estas son as parcelas nas que se solicitou experimentar, o que non implica que se vaian a realizar finalmente ensaios en todas.

Un agasallo de Washington a Haiti - TRANSXÉNICOS

O mortífero agasallo de Monsanto aos agricultores haitianos 475 toneladas de sementes modificadas xenéticamente.

O terremoto de Haiti foi unha excelente oportunidade de facer mais negocios.

A empresa transnacional Monsanto ofrece aos agricultores do país o agasallo mortal de 475 toneladas de sementes modificadas xenéticamente (OMX), ademais dos abonos e pesticidas que van asociadas a elas, os cales distribuirá gratis o proxecto WINNER co respaldo da embaixada estadounidense en Haití.

Saben os haitianos que Monsanto fabricaba o defoliante "axente laranxa" co que os avións estadounidenses asperxeron Vietnam durante a guerra envenenando así tanto aos soldados estadounidenses como aos civís vietnamitas?

Localización da parcela solicitada en Mesía por Pioneer e debate no Parlamento Galego

Nota de Prensa da Plataforma Galega Antitransxénicos.

Compostela 7 de maio do 2010. Na mañá de hoxe, Charo Sánchez Parga e Analía Moares Lameiro, voceiras da Plataforma Galega Antitransxénicos (PGA), deron conta en rolda de prensa do coñecemento da localización exacta da única parcela solicitada na Galiza -no presente ano 2010- para a realización de ensaios coas variedades de millo transxénico (Pioneer) resistentes a determinados herbicidas e insectos[1]: NK603xMON810, NK603, 59122x1507xNK603, 59122, 1507x59122, 1507xNK603 e 1507.

PP e PSOE únense no parlamento galego para rexeitar unha iniciativa do BNG que pedía a declaración de Galiza como Zona Libre de Cultivos Transxénicos

Remitimos unha nota de prensa que nos chega dende o gabinete de prensa do BNG no Parlamento galego.

PP E PSOE ÚNENSE NO PARLAMENTO GALEGO PARA REXEITAR UNHA INICIATIVA DO BNG QUE PEDÍA A DECLARACIÓN DE GALIZA COMO ZONA LIBRE DE CULTIVOS TRANSXÉNICOS

Tereixa Paz critica que “se antepoñan os intereses das grandes multinacionais sobre o principio de precaución sobre a protección da saúde humana e do medioambiente”

Santiago de Compostela, 5 maio 2010.- Partido Popular e PSOE uniron esta tarde os seus votos para rexeitar no Parlamento Galego unha iniciativa do BNG que solicitaba a declaración de Galiza como zona libre de transxénicos.

Localización exacta dos campos experimentais con transxénicos

Comunicado de Amigos de la Tierra facilitando a información sobre a localización exacta das parcelas onde se pretende experimentar con transxénicos:

Estimados amigos, estimadas amigas,

Desde Amigos de la Tierra hacemos hoy (06-05-2010) pública la localización exacta (a nivel de parcela) de los campos donde se ha solicitado experimentar con transgénicos este año.

Hay más de cien, repartidos por todo el país, con maíz, remolacha, algodón o patata. Algunos en espacios naturales protegidos. Las multinacionales han presionado hasta el último momento para que estos datos no se hagan públicos.

Entendemos que esta información debe ser pública, para que agricultores y vecinos puedan protegerse de la contaminación.

Publicación: SOBERANÍA ALIMENTARIA BIODIVERSIDAD Y CULTURAS

[Marzo 2010] "Soberanía Alimentaria, Biodiversidad Y Culturas" é unha publicación trimestral para o Estado español de información, debate e reflexión sobre temáticas rurais baixo unha óptica política de Soberanía Alimentaria. Un instrumento de pensamento crítico feito polas mans e para as mans das xentes que integran os movementos campesiños que defenden un mundo rural vivo.


Este primeiro número ten o seguinte contido:

  • EDITORIAL
  • LOITAS CAMPESIÑAS
  • Percorrido polas loitas campesiñas
  • A loita campesiña en Haití
  • Loita campesiña pola igualdade de xénero
  • A crise no sector agrario
  • Campo e crise climática

Manifestación por unha agricultura e unha alimentación libres de transxénicos (17 abril, Madrid)

[19.04.2010] Adxuntamos imaxes correspondentes á participación do Sindicato Labrego Galego e a Plataforma Galega Antitransxénicos na manifestación celebrada na mañá do sábado 17 de Abril en Madrid.

Información relacionada:
http://www.sindicatolabrego.com/index.php?s=3&i=518

Resposta ao comunicado de prensa enviado na tarde do martes 13 de abril pola Consellaría do Medio Rural en alusión á Plataforma Galega Antitransxénicos

En resposta á nota de prensa emitida ás 17:41hrs do día de onte pola Consellaría do Medio Rural (CMR) baixo o título “A UNIÓN EUROPEA É A ADMINISTRACIÓN QUE AUTORIZA OS CULTIVOS TRANSXÉNICOS” Medio Rural lamenta a actitude de quen pretende facela responsable dunha competencia que non é súa(1), a Plataforma Galega Antitransxénicos manifesta o seguinte:

1. Descoñecemos en que se basea a CMR para realizar esta valoración. Instámola a que localice en calquera das nosas comunicacións públicas as palabras que nos adxudican nese texto.

Solicitude de xuntanza co representante na Comisión Nacional de Bioseguridade, traballo conxunto cos concellos e participación na mobilización contra os OXM

[Compostela 13.04.2010] Representantes da Plataforma Galega Antitransxénicos anunciaron na mañá de hoxe o rexistro dunha solicitude de xuntanza co Xefe da área de Sanidade Vexetal e representante da Galiza no Comité Nacional de Bioseguridade, Ramón Jesús Lamelo Otero.

Devandito encontro foi un compromiso contraido tanto por Lamelo coma pola PGA na reunión mantida o pasado 15 de xullo de 2009, co obxectivo de establecer unha vía de comunicación e colaboración entre a Administración e a sociedade.

Valoración da xornada debate no Concello de Ames

[13.04.2010] As representantes da PGA valoraron tamén positivamente a xornada de debate realizada en colaboración co concello de Ames o pasado venres 9.

Lembramos que esta xornada cumpre co acordado na resolución aprobada por unanimidade na que se declarou o concello coma libre de transxénicos, e mediante a cal foron tomadas decisións realmente ubicadas na vangarda desta loita como a prohibición de servir alimentación transxénica nos comedores escolares públicos.

apoia á PGA

A difusión do traballo informativo da PGA é fundamental para frear a ameaza, real, que supoñen os transxénicos.

Os transxénicos respostan, únicamente, aos intereses de lucro económico de catro multinacionais, que a cambio ofrecen:

  • Encher os eidos de pesticidas altamente tóxicos.
  • Arrasar coa biodiversidade.
  • Contaminar indiscriminadamente cultivos non transxénicos.
  • Renunciar á soberanía alimentar dos pobos.
  • Promover o desarraigo perpetuo da vida no rural.
  • Xogar aos experimentos contigo e cos teus.

Ninguén endexamais demandou alimentos transxénicos.
Nin os demanda hoxe en día!!!

Paralles os pés!!! apoia á PGA!!!

Medra a oposición aos organismos xeneticamente modificados. Ames enceta na Galiza a Semana de Loita contra os Transxénicos.

Compostela 06 de abril do 2010. Na mañá de hoxe, Charo Sánchez Parga, voceira da Plataforma Galega Antitransxénicos (PGA), debullou en rolda de prensa as últimas actuacións realizadas no tocante á loita contra a introdución de organismos xeneticamente modificados no noso país, ao tempo que adiantou algunhas das actividades que terán lugar na Galiza entre o 5 e o 17 de abril, enmarcadas na declarada Semana de Loita Estatal contra os Transxénicos, que cumiará cunha manifestación en Madrid o vindeiro sábado 17 (1).

Convocatoria II Semana Estatal de Loita contra os transxénicos e Manifestación. O 17 de abril, todas e todos a Madrid!!

Despois da experiencia do ano pasado, neste 2010 unha serie de colectivos e organizacións promovemos baixo a lema "Por unha agricultura e unha alimentación libres de transxénicos" unha nova Semana estatal de loita contra os OMG (entre o 5 e o 17 de abril, con especial énfase na semana do 12-17 abril). Esta culminará cunha manifestación o 17 de abril, que terminará ante a sede do Ministerio de Medio Ambiente, Medio Rural e Mariño en Madrid para amosar o rexeitamento da sociedade civil á introdución de organismos xenéticamente modificados na nosa agricultura e a nosa alimentación.

A PGA presente na manifestación Galiza non se Vende reclamando unha Galiza libre de transxénicos

Compostela, 24 de marzo 2010.

A Plataforma Galega Antitransxénicos participou este pasado domingo na manifestación de Galiza non se vende en Compostela reclamando unha Galiza Libre de Transxénicos.

Plataforma Galega Antitransxénicos na manifestación de Galiza Non Se Vende

Bótalle unha ollada ás imaxes que adxuntamos!

Arroz (LL62) con chícharos, patacas novas (Amflora)

Compostela 03 de marzo 2010.

  • A Plataforma Galega Antitransxénicos fai forza coas organizacións da sociedade civil europea na rotunda oposición ao cultivo da pataca transxénica Amflora.
  • Novas solicitudes de experimentación con organismos xenéticamente modificados na Galiza (A Coruña).
  • Segue a medrar a oposición contra os organismos xeneticamente modificados: Allariz declárase concello libre de transxénicos.
  • Asamblea aberta da PGA o vindeiro 5 de marzo, confirmar asistencia no enderezo info@galizasentransxénicos.org

O Concello de Allariz podería declararse hoxe Zona Libre de Tranxénicos

O pasado mes de decembro a Plataforma Galega Antitransxénicos reuniamonos co concelleiro de medioambiente de Allariz (Bernardo Varela) para proporlle a declaración do concello coma Zona Libre de Transxénicos.

O concelleiro mostrouse receptivo a todas as iniciativas propostas, dando comezo asi unha relación de traballo en prol dunha agricultura e consumo libres de transxénicos. No encontro mantido, Bernardo V. comprometeuse a apoiar actividades de sensibilización e/ou formación, propoñéndose como mediador de veciños/as, labregos/as e empresarios/as para a súa maior difusión e éxito.

Cultivo de transxénicos, ata en espazos protexidos

31.01.2010 [Galicia Hoxe]

A organización ecoloxista Amigos da Terra denunciou que as compañías biotecnolóxicas Bayer e Monsanto solicitaron permiso ó Ministerio de Medio Ambiente, Medio Rural e Mariño (MARM) para tramitar ensaios con transxénicos “perigosos” en municipios españois que inclúen espazos naturais protexidos

Monsanto e Bayer solicitáronlle ao Goberno español permiso para realizar experimentos ao aire libre con cultivos transxénicos en municipios que engloban polo menos 50 espazos naturais protexidos, dende espazos da Rede Natura 2000 ata Parques Nacionais como Daimiel. Aló menos, iso é o que acaba de denunciar a organización ecoloxista Amigos da Terra.

O SLG asina o Manifesto global contra as patentes sobre sementes e animais convencionais

O SLG continúa na loita contra as patentes
Non á monsantorización das plantas e animais de granxa

Adxuntos:

Documentación OMX 2009

Aqui temos a proba de que no 2008 se fixeron campos OMX na Galiza.


Theme & Icons by N.Design Studio
Distribuir contido